Todas as colaboracións

O Serán do Gaiás pon en valor as bandas de música da terra

A segunda edición do Serán do Gaiás pon en valor as bandas de música de Galicia, unha manifestación artística moi arraigada á cultura galega.

Dramaturxias itinerantes

No mes de xullo celebráronse dous encontros, en Santiago de Compostela e en Vigo, para fomentar os lazos entre a dramaturxia galega e a portuguesa, organizados polo Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões e a ESAD de Galicia. Agora, o Consello da Cultura presenta na súa web a edición dixital dos dous textos protagonistas das xornadas, Os cans non comprenden a Kandinski de Avelina Pérez e Escudos Humanos. Uma peça de acção com muitas palavras, de Patrícia Portela.

Os textos foron lidos polo grupo de teatro do Camões de Vigo, Eu experimento, dirixido pola dramaturga e directora Vanesa Sotelo e por alumnado da ESAD dirixido pola profesora Nuria Montero. Ambas lecturas e o coloquio moderado polo profesor Afonso Becerra, poden verse tamén na mediateca da web do Consello da Cultura Galega. Son a pegada dun camiño rico, dunha encrucillada de intereses e comunidades culturais, como indicou na presentación a coordinadora da sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, Dolores Vilavedra.

Laiovento publica ‘Caderno dun regreso á terra natal’

A editorial Laiovento publica ‘Caderno dun regreso á terra natal’, do escritor Aimé Fernand David Césaire.

Novelas que non poden faltar na nosa libraría

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas ben diversas: a escrita policial de Arantxa Portabales en Beleza vermella e a narración histórica de Xabier Paz en Galileo no espello da noite.

Beleza vermella (Galaxia) é a historia da investigación dun asasinato en Compostela. Narrada con todas as claves herdadas do xénero negro (dende Agata Christie ata Dashiell Hammet, pasando por unha morea de nomes de mestres e cultivadores deste tipo de escrita), nas súas páxinas as realidades de Tánatos e Beleza entrecruzan os seus camiños para mergullarnos nunha trama áxil, de capítulos breves e final intrigante.

Galileo no espello da noite (Xerais) é unha novela biográfica que nos achega á vida do xenial astrónomo, matemático e filósofo Galileo Galilei. A súa andaina vital ata chegar ao histórico episodio da súa abxuración constitúe a cerna desta obra, que axuda a entender non só as razóns dunha das mentes máis prodixiosas da Humanidade, senón tamén as luces e sombras da época que lle tocou vivir.

Falamos da exposición ‘Jorge Cabezas is back’

Na sección de arte con Rosario Sarmiento comentamos a exposición ‘Jorge Cabezas is back’, na Fundación Luis Seoane.

O manga feito en España

Carlos Portela fálanos hoxe de manga feito en España. Dúas obras cos mesmos autores, Fidel del Tovar e Dani Bermúdez, e diferentes rexistros:
‘Arashiyama, la montaña de los deseos’, unha obra para todos os públicos e mais o thriller ‘Liquid memories’.

Un tema e un tema: cancións galegas breves con Cibran Tenreiro

Un tema e un tema: cancións galegas breves con Cibran Tenreiro

Chorando apréndese. Unha despedida por Paula Doors

Chorando apréndese. Unha despedida por Paula Doors

Vivan as Vilas! Por Matías Tarrio

Vivan as Vilas! Por Matías Tarrio

Libros sobre maletas e viaxes, físicas ou metafóricas

Hoxe falamos de dous libros de versos que comparten, ademais de editorial (Kalandraka), a importancia que neles teñen as maletas e, con elas, as viaxes, algunhas físicas e outras metafóricas, como as que comezamos a partir de hoxe.

Ratos de Viaxe, de Oli e Natalia Colombo, está dirixido ao público prelector e perfecto para encetar este verán que se resiste. Os ratos deste conto marchan de viaxe en autocaravana á praia e alí vivirán algunhas aventuras, como por exemplo, que algún se queime por non botar crema, escalar unha duna ou voar coa axuda dun papaventos. É un libro recomendado non só para o período estival, senón tamén para aqueles lectores e lectoras que xa coñecen o primeiro libro desta serie Os ratos da casa, cando esta divertida familia de ratos “ocupaba” unha casa para quedar a convivir nela. É unha historia redonda para nenos e nenas de 2 a 6 anos e os contos rimados son o primeiro paso para introducir aos cativos e cativas da casa na poesía.

Versos viceversos de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos, ilustrado por Juan Ramón Alonso, é un libro marabilloso, pola súa delicadeza, por supoñer esa maleta de poesía que nos levamos para o verán, que pode ser un agasallo perfecto para este final de curso. O libro inclúe poemas de dous creadores de orixe moi diferente, o noso Premio Nacional de Literatura Antonio García Teijeiro e o andaluz Martín Ramos, un poeta e titiriteiro peculiar, de verso libre, con especial interese pola lectura, o paso do tempo, ou o pacifismo. Moitos poemas están creados a partir de versos propios deles dous, non sabemos a quen corresponde cada verso, nunha especie de escrita a catro mans moi interesante. Os temas que se abordan son variados: o mar, a importancia dos libros na nosa vida, o posicionamento contra a violencia, os diferentes elementos naturais, etc.

Pin It on Pinterest