Videos

Podcast Diario Cultural 17:30

Antonio Piñeiro fálanos sobre a súa recente obra publicada, “A través do fume”, que foi Premio Torrente Ballester 2017.

Tamén coñecemos mellor o espectáculo de Mofa e Befa “Cranios privilexiados”, que representarase hoxe en Monforte a partir das 20:15 horas.

Finalmente, Tito Lesende preséntanos algunhas das actuacións destes días.

Podcast Diario Cultural 14:45

María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio por ‘Rosalía de Castro Cantos de Independencia e Liberdade (1837-1863)’

Xabier López, gañador do Premio Torrente Ballester

O escritor Xabier López é o gañador do Premio Torrente Ballester coa súa obra ‘900’. A novela percorre a historia de Galicia e de Europa dende o século XIX ata a posguerra. “Sagaz e cervantina”, así definiu o xurado esta peza. O lector comeza esta viaxe a través das letras cunha cita de ‘Os camiños da vida’ de Otero Pedrayo. A partir de aí, o declive da fidalguía galega convértese no punto de enlace coa historia de Xabier López.

Neste espazo cultural tamén presentamos o novo proxecto de Baiuca, coñecido tamén como Álex Guillán. A súa creación constrúese a partir do traballo de Aliboria, un colectivo de novos músicos galegos dirixidos por Xosé Lois Romero. Trátase de ‘Olvídame’, un canto enxebre con música tradicional, que mestura elementos do pasado con trazos muy anovadores.

 

Podcast Diario Cultural 10:30

Conversa co escritor Xabier López sobre a súa obra ‘900’, galardoada co Premio Torrente Ballester. Como cada xoves, chegan as estreas cinematográficas con Begoña Vázquez.

‘Alba de Gloria’, o derradeiro discurso de Castelao

Inauguración da exposición ‘Alba de Gloria’, que recrea o universo do último gran discurso que Castelao pronunciou en vida. Foi en Bos Aires, no Teatro Arxentino, un 25 de xullo de 1948.

Un texto único e escrito no exilio que o Consello da Cultura Galega inaugura hoxe. Un traballo visual e sonoro que se pode visitar no Panteón dos Galegos Ilustres ata o 3 de febreiro.

Manuel Gago é o responsable da exposición. Falamos con el para indagar un pouco máis sobre esta mostra.

Podcast Diario Cultural 17:30

Inauguración da exposición ‘Alba de Gloria’, que recrea o universo do  último gran discurso de Castelao. Reportaxe sobre o taller ‘Narrar a esencia’, a cargo da dramaturxia e escritora Ana Carreira.

Podcast Diario Cultural 14:45

Castelao e a súa creación dende Bos Aires. ‘Alba de Gloria’ é unha peza única escrita no exilio e reúne no seu discurso a fractura política, as vidas e as historias propias e a esperanza ante un futuro mellor.

Arranca Cineuropa en Compostela

Compostela énchese de cine no mes máis esperado do ano para os cinéfilos. Este mércores comeza Cineuropa con máis de 300 proxeccións e un xurado formado por xente nova. O estudantado universitario é o que consolida ano tras ano esta oferta cinematográfica. Ángel López e Gonzalo Rodríguez, de Farmacia e Historia da Arte, forman parte deste novo xurado. Ambos contan con ver máis de 22 películas neste mes de novembro.

Trátase dun fenómeno cultural compartido entre os amantes do cine. Nesta edición de Diario Cultural, Ángel e Gonzalo reflexionaron sobre a frecuencia coa que a xente nova visita as salas de cine. Ambos coincidiron en que Cineuropa é unha ocasión perfecta para descubrir o auténtico cinema e pezas creadas por artistas galegos.

Podcast Diario Cultural 10:30

Arranca Cineuropa en Santiago de Compostela. O noso experto en artes escénicas, Roberto Pascual, traénos as novidades do mundo do teatro.

 

Que son as Lecturas Dramatizadas?

A Fundación SGAE presenta o XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que terá lugar durante o mes de novembro en seis cidades españolas, entre as que se atopa Santiago de Compostela. A capital galega acollerá esta mostra de dramaturxia contemporánea, cuxo obxectivo é incentivar a escrita e lectura de pezas teatrais.

Os textos en lingua galega escollidos son “Os bólidos do esquecemento”, de Julio Fernández, que será o 6 de novembro; “Malcriada. Unha historia de amor”, de Esther F. Carrodeguas, o 8 de novembro; e “Culpable”, de José Prieto, que terá lugar o 14 deste mesmo mes.

Falamos coa persoa que estivo na selección das obras, o representante de Artes Escénicas na SGAE, Vicente Montoto, para que nos conte máis detalles sobre o Ciclo.

Pin It on Pinterest