Margarita Ledo: “Os eidos da lingua e o feminismo son constantes en min”
Margarita Ledo é a primeira muller homenaxeada no Congreso Internacional de Diversidade e Comunicación. Ademais, presenta o seu novo filme. ‘Nación’, no festival de Sevilla.
Margarita Ledo é a primeira muller homenaxeada no Congreso Internacional de Diversidade e Comunicación. Ademais, presenta o seu novo filme. ‘Nación’, no festival de Sevilla.
A Revista Galega de Teatro, a única publicación especializada neste ámbito en Galicia, chega ao seu número 100. Toda unha fazaña nestes tempos de consumo rápido que desde a RGT queren celebrar.
Tiñan organizada unha gala en Cangas que tivo que ser cancelada.
Falamos coa dramaturga e directora da revista, Vanesa Sotelo.
a Biblioteca Provincial de Lugo presentou o libro “Don Ricardo de Fingoi”, sobre os quince anos lucenses do escritor. Á presentación asistiron vinte persoas que se inscribiron telematicamente eque completan o aforo legalmente permitido.
Falamos con Carlos Amable Baliñas Fernández, filósofo e biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, unha das voces máis autorizadas sobre esta figura chave do galeguismo do século XX.
O premio Otero Pedrayo é dos máis lonxevos de Galicia, promovido pola Xunta e as catro deputacións provinciais, e este ano recae nas diversas fundacións dos persoeiros da Xeración Nós: Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo.
O Cinema de vangarda na III edición do Festival Intersección organizado pola fundación Luís Seoane comeza mañá, 28 de outubro e rematará o día 1 de novembro. Poderá verse cinema de vangarda con especial fincapé ao cinema galego
A sala de exposicións Afundación de Santiago convértese nunha auténtica explosión de cor con “Cromática”, a III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.
O protagonista é o concepto da cor en técnicas tan diversas como o videoxogo, animación, guache, collage ou cerámica.
É ademais unha mostra moi feminina, con 12 mulleres entre os 19 artistas expostos. Destaca tamén a presenza do multipremiado Conrad Roset co seu videoxogo ‘Gris’, de marcado carácter artístico.
Falamos coa súa comisaria, a experta en ilustración Matilde Rodríguez.
Chega a Galicia por parte de Rinoceronte Editora a tradución de ‘Vivir na fin do mundo’, obra da sueca Christina Lilliestierna.
Entrevista a Xesús Fraga, tradutor de Na estrada, a obra de Jack Kerouac, un dos máximos expoñentes da xeración Beat. Un clásico da literatura norteamericana do século XX que agora poderemos ler en galego editado por Kalandraka.
Continúan as homenaxes a Ricardo Carvalho Calero no ano do seu 110 aniversario e no que se lle adican as Letras Galegas.
Falamos con Carlos Quiroga, comisario de ‘A voz presente’, a exposición itinerante sobre o escritor que, desta vez, e en versión estendida, poderemos ver no Centro Torrente Ballester de Ferrol ata o 22 de novembro.
A figura do autodidacta e artesán Xosé Manuel Seivane foi clave para situar a gaita, o instrumento galego por antonomasia, no mapa do mundo. Coincidindo coa publicación A gaita con maiúscula, do profesor universitario da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei, dá conta dos aspectos máis importantes da vida de Seivane, non só dende o punto de vista da súa faceta como artesán, tamén tendo en consideración a familia, as amizades, o seu contexto vital e cultura.
Unha obra, en definitiva, que se torna indispensable para as persoas que aman a música tradicional ou que coñeceron Seivane.