Destacados

O Vigo de Xela Arias, a escena

María Llanderas mostra mañá no Salón Teatro “A idea primeira é esnaquizalo a cabezadas”, un proxecto escénico inspirado pola poesía de Xela Arias.

Comeza o Noia Harp Fest

O Noia Harp Fest, o único certame arpístico do noroeste ibérico, inicia hoxe, cos músicos Burani e Domené, a súa oitava edición, que transcorrerá até o 6 de agosto. Sobre o Festival, a súa historia e o seu programa, falamos hoxe con Rodrigo Romaní, director artístico do Noia Harp Fest.

Ciencia, arte e filosofía

Exposición na Galería Trinta de Compostela da obra de Elena Asins. Unha colección “entre a ciencia, a arte e a filosofía”.

 

Publícase o primeiro dicionario galego-ruso

Durante dous anos foi profesor e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Hoxe, Aleksandr Zyuba é o autor do primeiro dicionario galego-ruso. Ademais, a publicación está accesible de balde desde o Portal da Lingua Galega. 

Cadáver exquisito para degustar en agosto

A Orquesta Clásica de Vigo e a banda de electrónica viguesa Cinta Adhesiva prepararon un “cadáver exquisito para degustar en agosto”. ‘Retrato Musical’ é unha mestura de estilos musicais dirixida por Manuel Martínez e coa voz de Silvia Penas.

Tui acolle a XV edición do festival Música no Claustro

A XV edición de Música no Claustro chega á catedral de Tui cun programa de sete concertos a transcorrer entre os días 1 e 7 de agosto. Cun aforo de 120 persoas e de acceso gratuíto ás 21.30 horas, de cada vez poderanse obter 90 entradas mediante reserva previa e 30 por orde de chegada ao concerto.

Aproveitamos para falar con Samuel Diz, director artístico do festival.

O punto de partida de Quilma

Vituco Neira conversa co grupo Quilma na Illa de Arousa arredor do seu novo disco, ‘Punto de Partida’. 

O rock galego dáse cita hoxe no Milladoiro da man da décima edición do Millarock

Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Organizado pola concellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. No Diario Cultural aproveitamos para falar cos integrantes de Bala.

O mellor do deseño galego e internacional danse cita na Coruña

O Galicia Design Weekend é o primeiro festival destas características da nosa comunidade, que achegará á cidade da Coruña o mellor do deseño galego e internacional. 

A formación Cantigas e Agarimos cumpre 100 anos

Tres integrantes de Cantigas e Agarimos axúdannos a realzar a adecuada homenaxe a unha formación mítica da cultura galega. Amparo Pérez, integrante de dúas seccións, Instrumental e Pandeireta e vicepresidenta; Antón Fernández, integrante da sección de Coro e expresidente, e Manuel Rey, integrante da sección Instrumental e presidente, comparten connosco as súas lembranzas e experiencias no seu de Cantigas e Agarimos.

O 29 de xullo, co gallo das Festas do Apóstolo, ten lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a presentación oficial da agrupación.

Pin It on Pinterest