Diario Cultural
[17:48:00] O machado neolítico que viaxou 1.800 quilómetros
O arqueólogo Mario César Vila cóntanos hoxe a historia do machado de xadeíta que viaxou das canteiras dos Alpes italianos ata a Coruña actual en pleno Neolítico. Falamos tamén das canoas de época castrexa que seguen aparecendo no río Lima, no distrito portugués de Viana de Castelo e do primeiro Ciclo de Cine Arqueolóxico de Cacabelos.
[17:31:00] VIJUDA, o creador do videoxogo SuperWodenGP
Coñecemos a Víctor Justo Dacruz, VIJUDA, o mozo vigués que está detrás do xogo Super Woden GP, con miles de descargas en todo o mundo. VIJUDA é o responsable de todo o proceso de creación de xogo, que desenvolve nas súas horas libres.
[17:49:00] Viaxar a través das ilustracións dos libros
Na semana do Día da Ilustración Eva Mejuto convídanos a unha viaxe polos mundos que visitan dous álbums de gran formato. Todo a babor!, de Rena Ortega, parte da volta ao mundo de Magalhães e Elcano para levarnos de visita cun ourizo e un teixo á praia de Copacabana, Indonesia ou ás illas Marianas. A estrambótica volta ao mundo en 80 días, de David Pintor e Carlos López, adapta o clásico de Xulio Verne reparando nos momentos máis humorísticos.
[17:31:00] A Orquestra Clásica de Vigo homenaxea a Philip Glass
Glass, un dos grandes nomes do minimalismo e un dos compositores máis influentes das últimas décadas, acaba de facer 86 anos. A Orquestra Clásica de Vigo homenaxéao interpretando o seu Concerto para violín e orchestra dentro do seu programa ‘Escoitas’. Escoitamos a música de Glass co director técnico da Clásica, Manuel Martínez, e co violín solista da orquestra, Marcos Escobar.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- …
- 374
- Seguinte ›