Diario Cultural

[17:50:00] Neandertais e un cometa verde

 

Estíbaliz Espinosa convídanos hoxe a uns ‘encontros achegados’. A través do cometa C/2022 E3, reconectamos cos neandertais, que xa viron pasar o C/2022 E3 ZTF hai 50.000 anos

 

[17:31:00] O crego que ‘bautizou’ a Fuxan os Ventos

 

O libro Xesús Mato. 90 anos… e 50 do seu Fuxan os Ventos homenaxea este sacerdote que fixo importantes contribucións á nosa música. Compuxo ‘Fuxan os ventos’, a canción que acabou dando nome a unha das formacións galegas máis importantes, que Mato contribuíu a crear. Creador e director de varios grupos polifónicos, impulsou emisoras de radio en Lalín e Lugo e recuperou a tradición dos reis do Cebreiro durante os anos en que foi crego na montaña luguesa. 

 

[10:31:00] María Antonia Dans, pintora e ilustradora

No 2022 celebrouse o centenario do seu nacemento, e neste comezo de 2023 seguimos recordando a María Antonia Dans, homenaxeada neste Día da Ilustración, que promove a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. Dans foi unha figura destacada na segunda metade do século XX, que retratou os traballos do campo e a paisaxe galega coa muller como protagonista.

 Foi precisamente unha artista comprometida coa súa condición feminina, que cómpre revisar e recuperar. E para iso está tamén este Día da Ilustración. Falamos primeiro con Laura Romero, presidenta da AGPI, sobre a celebración deste día e as reivindicacións do sector.

Pero se hoxe coñecemos tan ben a súa figura e o seu traballo como pintora e ilustradora e grazas, en parte, ao traballo de investigación de críticos e expertos como Rosario Sarmiento. Con ela afondamos no estilo e nos trazos característicos da pintura de Dans.


 

 

[17:48:00] Lecturas para a rapazada sobre Filosofía e Holocausto

Eva Mejuto tráenos hoxe O moucho voa. Filosofía en 28 conversas, un libro de Miguel Vázquez Freire que recolle diálogos filosóficos dun programa de radio que poden ler mozos e mozas a partir de 12 anos. Tamén lembramos o Día en memoria do Holocausto co álbum Historia de Erika, de Ruth Vanderzee e Roberto Innocenti.

[17:31:00] Cada vez máis Youtubeiras

Este sábado celébrase a gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022, un certame que desde 2017 alenta a creación e consumo de contidos en galego na Rede. Facemos historia desta iniciativa con Carme Pereiro, coordinadora de Youtubeiras e co youtubeiro Olaxonmario.

Pin It on Pinterest