Diario Cultural

[17:43:00] RE-VISIÓN(S), no CGAC

Mónica Maneiro lévanos hoxe ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para falarnos da exposición RE-VISIÓNS(S) de Olga Mesa. E trouxo con ela a Santiago Olmo, director deste centro artístico. 

[17:31:00] Viaxamos ao Madrid máis galego no aniversario da Asociación Artística Rosalía de Castro

A asociación Artística Rosalía de Castro do Centro Galego de Madrid fai cen anos neste 2023 e, como non podía ser doutro xeito, preparan unha manchea de actos para celebralo. Falamos con Jovita Fernández, presidente desta agrupación.

[10:48:00] O mito de Ponto, recuperado por Alba Cid e Estevo Creus en formato ‘plaquette’

Alba Cid e Estevo Creus fan a catro mans unha revisión do mito de Ponto, rei da Galiza, recuperando o romance francés do século XIV ‘Ponthus et la belle Sidonie’. Os poemas dun e doutro atópanse nas páxinas de ‘A faia de Ponto’ (A Central Folque), nun libro-obxecto en formato ‘plaquette’ e ilustrado pola portuguesa Maria João Worm. Unha recomendación para agasallar e autoagasallar en Reis que nos fai Dolores Vilavedra.

Pin It on Pinterest