Todas as colaboracións

Novidades folk de Marín a Asturias

Emilio Españadero tráenos as novidades do folk, comezando polas pezas compiladas en Do teu laranxal por Alberto Lago, polo novo traballo do gaiteiro asturiano Rubén Albo, Resiliencia, e a novidade de Eva Tejedor con Les Pandereteres.

Bailamos o novo ano

Emilio Españadero empeza o 2022 cunha sesión de pezas para bailadores e bailadores: de Brañas Folk aos Cempés, pasando polo ‘Folk Fever’ de The band of love.

O novo dos grupos Os d´Abaixo e Os Minhotos

Emilio Españadero pica música dos novos discos do grupo Os d´Abaixo e mais d´Os Minhotos e anúncianos concertos para esta fin de semana: Os Viqueiras na Coruña e Leilía na Illa de Arousa. 

Charamuscas e a Foliada da Fonsagrada

Emilio Españadero anúncianos o próximo concerto do grupo Charamuscas e avánzanos o programa da sexta edición da Foliada da Fonsagrada, pola que pasarán Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Os D´Abaixo ou Habelas Hainas.

Brañas Folk, Pancho Álvarez e Tanxugueiras

Emilio Españadero escolma hoxe pezas dos novos discos de Brañas Folk e Pancho Álvarez e avánzanos o final da xira ‘Contrapunto’ de Tanxugueiras.

Semana de concertos

Emilio Españadero repasa algúns dos concertos de música de raíz que podemos desfrutar nesta semana: Xurxo Fernandes na Coruña, Fransy González, Davide Salvado e Cibrán Seixo en Carballo e Ortigueira ou Acordeireta en Vilar de Santos.

O Son da Gaita

Emilio Españadero debulla o programa da xornada ‘O son da gaita‘ que a asociación Pai da Cana organiza este sábado en Poio.

Folk histórico, fol novo e folk histórico novo

Emilio Españadero visítanos con outra dose de folk, contándonos novidades como a que trae Pancho Álvarez coas súas ‘Cordas históricas’.

O folk galego, en voga

Emilio Españadero volta ó Diario Cultural coas últimas novidades do folk galego, onde non se deixa de innovar e de celebrar, como na XXXIII Xuntanza de Gaiteiros Airiños de Fene.

María do Ceo e Lugo Folk

Escoitamos con Emilio Españadero unha peza do novo disco de María do Ceo, que visitará este domingo Lume na Palleira. Tamén coñecemos varios dos grupos que participarán nos encontros de música popular Lugo Folk

Pin It on Pinterest