Destacados

Os gravados de Battista Piranesi

Giovanni Battista Piranesi foi un importante artista do século XVIII destacado polos seus gravados da Roma antiga. A súa obra mudou a maneira de percibir o mundo antigo, e influenciou aos artistas do Neoclasicismo e o Romanticismo.

Ata o 28 de agosto poderá verse unha mostra do seu traballo no Pazo de Fonseca de Compostela.

Sara Plaza, premio de poesía Pérez Parallé, tráenos o seu libro de poemas “Todos os pasos fan ruído”

A autora, natural da serra de Madrid e galegofalante por causa única do seu interese adquirido pola lingua galega, é mestra de formación e conta tamén na súa obra con ilustracións e fotografías. Conversamos con ela sobre a súa traxectoria e sobre “Todos os pasos fan ruído”, o poemario que lle valeu o máximo recoñecemento na XIII edición dos premios Pérez Parallé.

“Fillos do sol”, a peza teatral de Cándido Pazó, chega ás librarías

A obra de teatro que escribira Cándido Pazó, unha peza sobre Eduardo Pondal e “As Eoas”, o seu gran poema épico e obsesión, polo centenario da morte do autor, transfórmase para ocupar, ademais dos escenarios, os andeis das librarías galegas.

Ti primeiro

‘Ti primeiro’ é unha novela visua escrita e dirixida por Roberto Alvite, protagonizada por el mesmo e Iris Darriba, e producida por Melgo Cinema. Nela explórase a evolución dunha parella nova ao longo de varios anos, coa particularidade de facelo a través de fotografías e non do vídeo. Un novedoso formato sen precedentes en Galicia que conecta co mundo do videoxogo e os newsgames, ao permitir escoller como continúa a historia. Tres episodios sobre o amor que están dispoñibles en múltiples linguas para dispositivos móbiles.  

“Sycorax” de Lois Patiño e Matías Piñeiro participará na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes

“Sycorax” de Lois Patiño e Matías Piñeiro participará na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes

Así se fai arqueoloxía no Castelo de Portomeiro

Un equipo de investigadores do grupo Síncrisis da USC, en colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’, traballan no Castelo de Portomeiro, unha construción altomedieval situada preto do río Tambre no concello de Val do Dubra, que podería aportar información sobre unha época con edificacións intermedias entre os castros prerromanos e os castelos da Idade Media.

El Niño de Elche, Mercedes Peón e Óliver Laxe, algúns dos nomes que estarán presentes no Sacra Festival

No programa do Sacra Festival inclúense disciplinas tan variadas como a música, a danza, o cinema, a enoloxía ou a gastronomía. Deste xeito, arte, gastronomía, natureza e viño danse a man nesta proposta cultural única pola súa formulación sostible de integración co medio ambiente e dirixido a todos os públicos, nun evento do que a directora artística do festival, Carlota Pérez, dá conta no Diario Cultural.

 

O peixe de Xisco Feijóo

Xisco Feijóo publica disco en solitario, ‘Peixe’, unha visión contemporánea da cantiga galega. Con el pretender render homenaxe ás mulleres, “as grandes conservadoras da nosa tradición”. 

Benjamín Hermida publica “Os cines perdidos de Narón”

Paseamos polas primeiras salas de cine da vila de Narón da man de Benjamín Hermida, técnico en museoloxía, conservación e xestión de museos que asina esta obra de gran valor histórico.

Os peixes do Miño saben de fronteiras?

Teatro cómico en Cangas para unir á veciñanza aos dous lados do rio Miño. A Mostra de Teatro Cómico e Festivo chega un ano máis, ata o 10 de xullo, con catro estreas absolutas e moitas máis obras.

Este ano ademáis é unha edición moi especial, que conmemora 25 aniversario de Teatragal, un espazo de reflexión, de diálogo e de intercambio de experiencias entre Galicia e Portugal.

Pin It on Pinterest